Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte
Solucións Avanzadas

Solucións Avanzadas

Servizos profesionais para desenvolver proxectos de alta esixencia
Housing: os teus servidores en boas mans

Contactar

Servizos profesionais á túa medida

Topoloxías de rede redundadas

Axudámoste a engadir os elementos necesarios para conseguir unha rede de alta dispoñibilidade na túa infraestrutura.

Modelos mixtos Hosting-Housing

Facilitámosche os servidores e as instalacións para gardalos. Esquéceste do espazo e dos requirimentos técnicos.

Consultaría e asesoramento

O noso equipo de expertos axúdache a solucionar os retos que poidan xurdir no desenvolvemento do teu proxecto.

Venda directa de hardware

Confiamos nas mellores marcas e esiximos a máis alta calidade para o noso hardware, e para o teu!

Melloras de conectividade

Engadimos ao teu proxecto as comunicacións ou carries alternativos que necesites (satélites, fibra, peering, outros CPS, etc.).

Ciberseguridade

Ofrecémosche solucións de seguridade tanto propias como de terceiros para manter os teus servidores libres de ameazas.

Máis servizos

Balanceadores de Carga

Configura dende o teu Panel de Control un balanceador de conexións entre dous ou máis servidores Non Administrados. Tes esta funcionalidade dispoñible tanto no teu Dedicado como en VPS.

Cloud Privada

Dámosche unha solución completa chame en man, sobre o líder de virtualización do mercado, VMware. Administras a túa infraestrutura virtual da maneira máis segura e sinxela.

Mans remotas

Axudámosche a recuperar o teu servidor no caso de incidencia. Actualizaches o kernel e o teu servidor non arranca? Axudámoste a solucionalo baixo orzamento.

housing

Housing

Os teus servidores en dinahosting

Trae os teus servidores físicos aos nosos Centros de Datos! Temos solucións listas para usar a partir de 10 U. Goza da rede máis fiable e coas mellores prestacións, conectividade BGP con acordos de peering coas principais operadoras e conexión a 1 Gbps / 10 Gbps.

Cada rack inclúe Switch para conectividade con 24/48 portos 1 Gbps, bloque de IPS e electricidade con xestión remota.

Contactar

O teu Housing inclúe

Fíxate en todo o que ten o noso servizo de Housing e que non che poden dar os demais.

Conectividade redundante garantida

A conectividade de dinahosting é un dos nosos puntos fortes. Máximas prestacións, redundancia e mínimas latencias para que disfrutes da máxima velocidade en todo momento.

Acceso aos Centros de Datos

Dámosche acceso aos nosos CPD para as xestións no servidor que prefiras realizar ti mesmo. Solicítanos a túa cita!

O noso equipo, o teu equipo

Deixa a túa infraestrutura técnica nas mellores mans. Os nosos técnicos de sistemas e rede están ao teu dispor no caso de que os necesites. Tamén podemos encargarnos do enrackado e instalación do teu hardware.

Solucións hardware a medida

Somos distribuídores/partners de DELL, IBM, Lenovo, Cisco, NetApp e Intel, entre outras marcas. Consigue o hardware ao mellor prezo con dinahosting.

Altas prestacións

Comeza a gozar do noso servizo de Housing dispoñible a partir de 10 U. Cada pack de 10 U inclúe 5 amperios de electricidade, 1 Gbps por U, toma KVM e 27 IP.

Consumos incluídos

Tanto o consumo de electricidade dos servidores que aloxes coma a transferencia ilimitada da que dispós van incluídos no custo de contratación, non pagarás nada a maiores. Ademais proporcionámosche a toma de electricidade correspondente para cada U.

Servidores Dedicados GPU xa dispoñibles

GPU (Graphic Processor Unit) conta cun procesador para alta computación e procesamento masivo de datos. É ideal para proxectos de intelixencia artificial, enxeñería, sistemas de predición... ou calquera traballo de cálculo que requira de alta eficiencia e rendemento constante.

Saber máis Configurar
Servidores Dedicados GPU xa dispoñibles

Máis para o teu Housing

  • Licenzas Windows Server

    Contrata as licenzas de Microsoft que necesites para os teus servidores en dinahosting. Ofrecémosche os mellores prezos, consúltanos!

    Desde 25 € /mes

    Contacta con Soporte
  • Panel de control Plesk

    Accede e administra os teus servizos dende un completo panel Plesk. Escolle a modalidade que prefiras: Admin, Pro ou Host.

    Desde 23,40 € /mes

    Contacta con Soporte
  • Firewall profesional

    Seguridade adicional para os teus servidores! Crea ata 10 regras dende o teu Panel de Control e realiza ata 10 cambios cada mes.

    Desde 25 € /mes

    Contacta con Soporte
  • Crea a túa propia LAN

    Conecta os teus equipos entre si mediante unha LAN privada, usando un switch independente de 1Gbps que che podemos proporcionar.

    Desde 65 € /mes

    Contacta con Soporte

Tecnoloxías punteiras

Utilizamos as últimas tecnoloxías da man das mellores marcas.

  • Ceph
  • F5
  • kubernetes
  • Nutanix
  • VMware
  • Western digital

FAQ

O servizo de Solucións Avanzadas realízase á medida de cada proxecto e engloba diferentes accións para mellorar a infraestrutura de rede, optimizar a conectividade, facilitar a transformación dixital e solventar case calquera necesidade que poida conlevar o teu proxecto web de alta esixencia.

Para ofrecerche a mellor solución e un orzamento detallado debemos coñecer antes as características concretas do teu proyecto. Podes consultarnos a través deste formulario.

A consulta e asesoramento inicial son completamente gratuítos :)

Claro! Cóntanos que características ten o teu proxecto e o noso equipo de expertos analizará en detalle o teu caso. Aconsellarémoste sobre a mellor solución tecnolóxica a aplicar e supliremos calquera recurso que sexa necesario para as túas comunicacións: carriers, satélites, fibra, peering, etc.

Si, tamén analizamos calquera incidencia técnica e de seguridade que poida producirse na túa infraestrutura e facela vulnerable. Proporcionámosche solucións propias ou de terceiros para que a túa rede e os teus servidores se manteñan seguros antes posibles ataques.

E mesmo che damos a posibilidade de que poidas crear o teu propio Disaster Recovery nas nosas instalacións para que poidas asegurar a túa infraestrutura.

Os nosos Centros de Datos son totalmente independentes e contan con 4 liñas de fibra en comunicación directa separadas e redundadas en 2+2 con máis de 3 km de distancia de separación entre elas e con saídas a rede autónomas.

Isto permítenos estar sempre conectados e operativos, mesmo no caso de que se produza unha incidencia grave ou catástrofe.

Ademais, realizamos controis de calidade continuos para asegurar que se cumpran os máis altos niveis de seguridade: medidas anti-humidades e incendios, estudos ambientais, optimización de cableado, inspeccións técnicas e visuais periódicas, rexistros de entrada, etc.

Por suposto, tamén contamos con servidores de backup para velar pola integridade dos teus datos e só utilizamos hardware das mellores marcas.

Co noso servizo de Cloud Privada podes deseñar o teu propio centro de datos e administrar os teus servidores e recursos ao teu antollo mediante VMware. A tecnoloxía VMware permíteche realizar todo tipo de tarefas de virtualización dende unha interfaz sinxela e potente. Terás control total e exclusivo sobre os teus servidores.

Todos os nosos servidores ademais contan cunha gran variedade de ampliacións de hardware dispoñibles.

Trátase dun servizo baixo demanda co que podes aproveitar o noso equipo técnico para realizar intervencións nos servidores que teñas aloxados no noso CPD (Housing).

Ocupámonos da resolución de problemas técnicos, actualizacións, cambios de configuración e calquera tipo de acción que precises para administrar os teus sistemas e que requira unha persoa in situ.