Correo profesional co teu propio dominio
Hosting económico e sinxelo
O máis vendido
O hosting para desenvolvementos profesionais
5 hostings con paneis independentes
Rexistra agora o teu dominio e regalámosche unha conta de correo. Co teu traslado, levas 3 meses de hosting gratuíto e un ano de Protección de Whois. Migramos a túa web gratis. Goza de 30 días de garantía coa túa alta de Hostings e VPS e se non satisfán as túas necesidades, devolvémosche o diñeiro.
InterésameCada plan de aloxamento que contratas na dinahosting inclúe as ferramentas necesarias para asegurares a fiabilidade e o rendemento da túa web.
Esquece as curvas de aprendizaxe! Unha APP única, completa e deseñada pensando en ti.
Engade recursos cando tes picos de carga, migrar a un plan superior, ti decides. O teu hosting evoluciona contigo.
Protexe as comunicacións entre as túas visitas e a túa web, evitando o roubo de datos. Let's Encrypt gratis xa preinstalado!
O teu hosting máis seguro. Restaura os teus ficheiros, cartafois, bases de datos ou contas de correo dende o teu Panel de Control!
Decenas de aplicacións para instalares cun clic: WordPress, Joomla!, Drupal, PrestaShop e moitas máis.
Cunha interface flexible e intuitiva para recibir, enviar e xestionar todas as túas contas de correo e chat. Próbao!
A túa web a toda velocidade! Reduce o seu tempo de carga e mellora a experiencia de usuario. Próbao en WordPress.
Os nosos servidores contan con discos SSD NVMe. Gañas en velocidade de transferencia e en fiabilidade para o teu hosting.
Xa nas nosas solucións administradas Linux e Windows. Máis rendemento e seguridade. Notarás o cambio!
Co noso hosting en probas poderás probar todas as funcionalidades do teu plan de aloxamento totalmente gratis. Próbao e paga só cando publiques a túa web.
Engade ao teu hosting todos os servizos extra que precises.
Cifra a navegación do teu web e garante ás túas visitas unha contorna segura. Imprescindíbel!
InterésameLanza campañas, distribúe xogos, politóns e imaxes para móbeis a baixo custo e desde o teu PC.
InterésameOs teus arquivos centralizados, co espazo en disco que queiras e transferencia ilimitada.
InterésameOs nosos hostings e servidores contan con IP española para que obteñas maior velocidade de resposta e mellores o teu posicionamento SEO.
Ao escoller dinahosting, ademais, os teus datos quedarán protexidos pola normativa europea.
O hosting dun proxecto web marca a diferenza. Tanto nos nosos plans Linux como Windows garantímosche escalabilidade, seguranza e estabilidade para os teus proxectos, e toda a liberdade para escolleres as ferramentas coas que desenvolver a túa idea.
Cisco, IBM, Dell, acreditan a cualificación do noso equipo no soporte de redes e hardware. A nivel de software somos partners de Microsoft e o noso persoal conta con certificacións como MCP e LPIC.
Mantemos as nosas propias distro Linux así podemos configuralas atendendo ás túas necesidades de seguranza. Ademais acompañamos de preto o desenvolvemento de Windows e aplicamos en tempo real os seus lanzamentos mundiais nos nosos administrados.
Tes unha gran variedade de plans de hosting para escolleres. Cos packs Duo, até podes crear webs combinando Linux e Windows! Os nosos Windows contan con plans específicos de SQL Server e persits de pagamento incluídos sen custo algún para ti.
O noso equipo de Soporte está dispoñible para ti 24x7 para axudarche a escoller o mellor hosting.
Faite agora cun pack ao mellor prezo e pon a funcionar a túa web ou correo de forma rápida e sinxela.
,61 €
/mes
,86 €
/mes
,25 €
/mes
«Os nosos hostings están feitos para que crezan contigo e desenvolvemos continuamente novas ferramentas para multiplicar as túas posibilidades».
Toda a información que necesitas para sacarlle o máximo partido ao teu hosting.
Vires para a dinahosting é moi fácil coas ferramentas de portabilidade que desenvolvemos para ti. Vas movendo os teus ficheiros, BBDD e correo, e en menos do que esperas a túa web estará funcionando nun hosting de calidade.
Paso 1: activa o hosting que vas usar
Escolle un hosting que se adecúe ás necesidades do teu web: se require ou non programación ou que versión de MySQL ou PHP necesitas. Recorda que podes solicitar unha proba gratuíta e ampliala o tempo que necesites. Paga cando a túa web estea lista
Paso 2: reúne todos os datos
Ten a man os datos de acceso por FTP, de bases de datos e do acceso por POP3 ou IMAP ao teu correo. Se non os tes, deberás pedirllos á túa empresa de hosting anterior.
Paso 3: inicia a portabilidade
Entra no Panel de Control da dinahosting e solicita a portabilidade servizo a servizo cos datos de acceso. Se te atrancas, non te preocupes! Avísanos porque che podemos botar unha man.
Paso 4: momento de comprobar
Unha vez que os procesos finalicen, só che resta verificar que todo funciona correctamente. Se se trata dunha páxina dinámica é probábel que teñas que revisar os ficheiros de configuración.
Se necesitas aloxar varios sitios web recomendámosche un Multihosting. Se queres máis potencia, flexibilidade e escalabilidade contrata un dos nosos servidores .
Proba o teu hosting durante 15 días nunha contorna de probas real e sen necesidade de dar os teus datos de pago.
No caso de que necesites seguir probándoo ou se a túa web non está lista, podes ampliar a proba de 30 en 30 días ata a súa publicación. Monta a túa web nunha contorna real e paga só cando a termines.
Todos os servizos administrados contan cunha ferramenta para recuperar backups. Restaura un ficheiro, cartafol, BBDD ou email ao estado que tiña en calquera punto dos últimos 30 días. Faino desde o teu Panel de Control: fácil e seguro!
Podes elixir a data e hora en que se efectuará o cambio e a conta de correo á que se enviará a notificación unha vez finalice o proceso. Por defecto iníciase no momento no que pulsas «migración de servidor!»
Explicámosche como funciona a migración de servidor.
Ofrecémosche, totalmente gratis, un aviso legal tipo para incluír na túa páxina e cumprir así cos requisitos básicos que establece a LSSICE. Ademais, temos á túa disposición documentos adaptados ás características da túa web e un servizo de asesoramento xurídico especializado en Internet. Visita A túa Web Legal para ampliar a información.
Se deches de alta calquera dos nosos plans de Hosting dispós dun período de 30 días de garantía para cancelar a contratación. Reembolsarémosche o importe en saldo que poderás cambiar por outros produtos de dinahosting ou ben devolverémosche o diñeiro no método de pagamento que usaches para realizar a compra.