Un Dedicado PrestaShop é ideal para e-commerce que precisen da máxima velocidade, seguridade e potencia. Goza en exclusiva de todos os recursos dun servidor físico, garantizámosche o mellor hardware do mercado!
Imos aláOs nosos plans de Hosting PrestaShop con discos SSD NVMe téñeno todo para responder correctamente ante as túas visitas. Queres traer a túa tenda a dinahosting? Encargámonos gratis de toda a migración.
PrestaShop preconfigurado. Aforra tempo de configuración e comeza a vender dende o primeiro minuto.
Amplía ou reduce recursos do teu plan cando precises. Sen complicacións, con Migrar de servidor é moi fácil!
A túa tenda a tope de rendemento: discos SSD NVMe, Varnish Caché, PHP 7.4 e HTTP/2. Notaralo nos tempos de carga.
Protexe as comunicacións entre as túas visitas e a túa web, evitando o roubo de datos. Let's Encrypt gratis xa preinstalado!
WAF, antivirus, antispam e regras especiais anti-hackeo. Mantemos o teu PrestaShop seguro.
Accede a unha copia de seguridade diaria dos teus ficheiros, bases de datos, contas de correo... de forma automática.
Soporte Técnico 24/7, gratis e no teu idioma. Contáctanos cando queiras por teléfono, email ou chat.
O noso CPD está ubicado aquí. Goza dunha maior velocidade de navegación, máxima dispoñibilidade e mínimas latencias.
Migramos o teu PrestaShop por ti. E co teu traslado de dominio, levas 3 meses de hosting compartido gratis.
Os nosos hostings e servidores contan con IP española para que obteñas maior velocidade de resposta e mellores o teu posicionamento SEO.
Ao escoller dinahosting, ademais, os teus datos quedarán protexidos pola normativa europea.
Dende a túa interfaz de usuario podes xestionar e personalizar absolutamente todos os aspectos da túa tenda online. PrestaShop é de código aberto e as súas funcionalidades nunca deixan de medrar.
«Proporcionámosche un aloxamento seguro e confiable, con asesoramento técnico as 24 horas do día e todas as prestacións que o teu e-commerce precisa».
Levas o Hosting PrestaShop líder coas mellores ferramentas.
Na dinahosting tes o teu propio Panel. Unha aplicación única, completa e deseñada pensando en ti.
Con funcións de groupware e xestión de correo, é completamente gratis coa túa alta de calquera hosting.
Elixe o teu Plan PrestaShop e próbao o tempo que necesites. Paga ao publicar a túa web
Toda a información que necesitas para sacarlle o máximo partido ao teu hosting.
PrestaShop é un dos softwares para ecommerce máis utilizados no mundo polo seu fácil manexo, as súas posibilidades de customización e a súa gran cantidade de funcionalidades.
Temos centos de modelos dispoñibles para aforrarche tempo no deseño, administración de catálogo, máis de 50 métodos de pagamento, varias moedas e idiomas, control loxístico dos envíos e ferramentas para xestionar o envío de cupóns de desconto ou engadir publicidade á túa páxina.
Escolle entre os nosos Plans PrestaShop adaptados á medida da túa tenda. Todos veñen con discos NVMe e Varnish Caché incluídos.
Ademais, o PrestaShop vai preinstalado para que poñas a funcionar a túa tenda online en minutos.
Existen máis de 3000 módulos PrestaShop que che axudarán a sacarlle o máximo partido á túa tenda online. Dende dinahosting recomendámosche Paypal, Opiniones Verificadas, Google Analytics, 1-Click Upgrade, SEO Expert, Custom HTML Block ou Pretty URLs. Nesta postaxe ampliámosche cada unha das recomendacións.
Ás veces investimos todos os nosos esforzos en engadir o maior número de funcionalidades e en coidar ao máximo o deseño do sitio, e esquecémonos de optimizar o seu rendemento. Coidar este aspecto é clave para un mellor SEO e permitirache subir posicións nos resultados de busca.
Podes mellorar os tempos de carga revisando a configuración de Smarty, activando CCC (combinar, comprimir e almacenar en caché) ou instalando Memcached. Contámoscho aquí.
Se xa tes a túa tenda online con PrestaShop agora toca activar un certificado SSL. Cada vez que un cliente pasa pola pasarela de pagamento do teu PrestaShop introduce información sensible (datos persoais, tarxetas de crédito, etc.) que pola súa seguridade é imprescindible que estea encriptada.
Ademais de por un motivo de seguridade, dispor dun certificado SSL no teu PrestaShop axudarache a transmitir máis confianza aos teus visitantes e clientes e a mellorar o posicionamiento SEO da túa web.
Recomendámosche que instales o certificado de Validación Estendida que lle vai perfecto ao teu comercio electrónico.
Primeiro de todo, fai inventario e comproba que o número de produtos que ofreces se corresponde coa cantidade que tes almacenada. Outra idea é actualizar as túas fichas de produto renovando as descricións, fotografías, vídeos e palabras clave. Tamén che recomendamos engadir novos módulos ao teu PrestaShop e manter sempre actualizados os que xa tes instalados.
E por último, relacionado coa experiencia de usuario, simplifica os pasos do proceso de compra e reduce o número de clics ata chegar ao carro. Aquí che deixamos máis información.
Se deches de alta calquera dos nosos plans de PrestaShop dispós dun período de 30 días de garantía para cancelar a contratación. Reembolsarémosche o importe en saldo que poderás cambiar por outros produtos de dinahosting ou ben devolverémosche o diñeiro no método de pagamento que usaches para realizar a compra.