-
-50 %
Tenda WooCommerce plan básico
O teu mellor comezo en WooCommerce
- 50 GB Espazo en disco
- Transferenza ilimitada
- 20 contas de correo
- Arredor de 7.500 visitantes únicos ó mes
- Soporte Técnico 24/7 no teu idioma
- SSL e Backups Gratuítos
- FTP y SSH+Git
- Discos NVMe
- Próbao gratis e paga ao publicar a túa web
- Varnish Caché
- CDN dispoñible
- A túa tenda online nun plan compartido
- Garantía de reembolso: 30 días
- Certificación Green Hosting
-
-75 % O máis vendido
Tenda WooCommerce plan avanzado
Para proxectos de alto rendemento
- 100 GB Espazo en disco
- Transferenza ilimitada
- Contas de correo e chat ilimitadas
- Arredor de 15.000 visitantes únicos ao mes
- Soporte Técnico 24/7 no teu idioma
- SSL e Backups Gratuítos
- FTP e SSH+Git
- Discos NVMe
- Próbao gratis e paga ao publicar a túa web
- Varnish Caché
- CDN dispoñible
- Contorna de staging
- A túa tenda online nun plan compartido
- Garantía de reembolso: 30 días
- Certificación Green Hosting
-
Varnish
VPS tenda WooCommerce
Dende 50 tendas no teu servidor. Para axencias e desenvolvedores.
- 70 GB Espazo en disco
- Transferenza ilimitada
- Contas de correo e chat ilimitadas
- Arredor de 30.000 visitantes únicos ao mes
- Soporte Técnico 24/7 no teu idioma
- SSL e Backups
- FTP e SSH +Git
- Discos NVMe
- Varnish Caché
- CDN dispoñible
- A túa tenda online no teu propio servidor
- Garantía de reembolso: 30 días
- Certificación Green Hosting
Titoriais de axuda de WooCommerce
WooCommerce é o CMS máis utilizado para crear tendas online. En dinahosting proporcionámosche titoriais de axuda no noso blogue e canle de YouTube para sacarlle o máximo partido.
-
Recibe consellos moi útiles sobre o mundo ecommerce (deseño, SEO, seguridade...) e a xestión de dominios e hosting en xeral.
Ir ao blogue -
Aquí atoparás titoriais e trucos para poñer a punto a túa tenda e sacarlle o máximo partido aos teus servizos en dinahosting.
Ir a YouTube
Proba o teu hosting a fondo. Paga só ao publicar a túa web
Configura a túa proba gratuíta da túa tenda WooCommerce, próbao ao completo durante 30 días ampliables sen pagar nada e activa o teu hosting cando queiras publicar a túa web.
Crea a túa tenda online en WooCommerce
Os nosos plans de Hosting para WordPress con WooCommerce téñeno todo para responder correctamente ante as túas visitas. Queres traer a túa tenda a dinahosting? Encargámonos gratis de toda a migración.
A túa tenda nun clic
WordPress con WooCommerce xa preconfigurado. Aforra tempo e comeza a vender dende o primeiro minuto.
Hosting escalable
Amplía ou reduce recursos do teu plan cando precises. Sen complicacións, con Migrar de servidor é facilísimo!
Rendemento superior
O teu WordPress a toda velocidade: servidores con discos NVMe, Varnish Caché, PHP 8.5 e HTTP/2. Tamén dispós de CDN.
Certificado SSL gratis
Protexe as comunicacións entre as túas visitas e a túa web, evitando o roubo de datos. Let's Encrypt gratis xa preinstalado!
Seguridade para a túa tenda
WAF, antivirus, antispam e regras especiais anti-hackeo. Mantemos o teu WordPress con WooCommerce seguro.
Backup automático
Accede a unha copia de seguridade diaria dos teus ficheiros, bases de datos, contas de correo... de forma automática.
Aplicacións Autoinstalables
Ademais de WooCommerce, dispós doutras moitas aplicacións para instalar ao momento no teu hosting.
IP Española
Os nosos CPD están ubicados aquí. Goza dunha maior velocidade de navegación, máxima dispoñibilidade e mínimas latencias.
Migración gratuíta
Migramos a túa tenda por ti. E co teu traslado de dominio, levas 3 meses de hosting compartido gratis.
O teu Green Hosting aloxado en España
Os nosos hostings e servidores contan con IP española para que obteñas unha maior velocidade e mellores o teu posicionamento SEO. Ademais, ao escoller dinahosting, formas parte do noso compromiso coa sostibilidade e o coidado do medio ambiente. Estamos acreditados como Green Hosting grazas ao uso de enerxía 100 % renovable.
Quero saber máis
Funcionalidades de WooCommerce
WooCommerce é un plugin gratuíto de WordPress co que podes crear unha tenda online do máis profesional. Fácil de instalar, configurar e usar. Se xa usaches WordPress antes sentiraste coma na casa.
- Vende produtos físicos ou dixitais
- Centos de temas para personalizar a apariencia da túa tenda online
- Ferramentas de marketing incorporadas: redes sociais, SEO, ofertas especiais, etc.
- Múltiples métodos de pagamento facilmente integrables
- Informes automáticos de vendas e inventarios
- Sistema de configuración de impostos
Gustavo González
Departamento de Desenvolvemento«Proporcionámosche un aloxamento seguro e confiable, con asesoramento técnico as 24 horas do día e todas as prestacións que necesitas para crear a túa tenda online».
E ademais na dinahosting...
Levas o Hosting para WordPress con WooCommerce líder coas mellores ferramentas.
-
Panel de Control exclusivo
En dinahosting tes a o teu propio Panel. Unha aplicación única, completa e deseñada pensando en ti.
-
Webmail dinahosting
Xestiona o teu correo co noso Webmail propio con opcións avanzadas e IA, ou elixe Roundcube. Ambos incluídos nos nosos plans de hosting.
-
Hosting en probas
Escolle o teu Plan WooCommerce e próbao o tempo que necesites. Sen pagamentos ata que publiques a túa páxina web.
O hosting web ideal para axencias
Crea e xestiona ata 50 webs distintas dentro do teu servidor. Podes personalizar ao detalle os seus recursos de vCPU, memoria RAM e espazo en disco. Se precisas crear máis hostings, poderías ampliar a Licenzas ilimitadas.
Para ti tamén temos o Programa de Resellers. Escolle o teu bono e aforra vendendo os nosos servizos baixo a túa propia marca corporativa.
QUERO O MEU VPSFAQ
-
Por que escoller un Hosting con WooCommerce?
-
WooCommerce é un dos softwares para ecommerce máis utilizados no mundo polo seu manexo intuitivo, as súas posibilidades de personalización e a súa gran cantidade de funcionalidades.
Temos centos de modelos dispoñibles para aforrarche tempo no deseño, administración de catálogo, múltiples métodos de pagamento, varias monedas e idiomas, control loxístico dos envíos e ferramentas promocionais para xestionar o envío de cupóns de desconto ou engadir publicidade á túa páxina.
-
Que plans para tendas podo contratar?
-
Escolle entre os nosos plans adaptados á medida da túa tenda. Todos eles veñen con discos NVMe e Varnish Caché incluídos.
Ademais, WooCommerce xa vén preinstalado para que poñas a funcionar a túa tenda online en minutos.
- TENDA PLAN BÁSICO: se estás comezando esta será a túa mellor opción. Incorpora 20 contas de correo, 50 GB de espazo e transferencia ilimitada.
- TENDA PLAN AVANZADO: se precisas un maior rendemento este é o teu plan. Ofrece contas de correo ilimitadas, 100 GB de espazo e transferencia tamén ilimitada.
- VPS TENDA ONLINE: un servidor de alta calidade á túa disposición con capacidade para 50 tendas ou máis. Este plan dispón de contas de correo ilimitadas, 40 GB de espazo e transferencia ilimitada.
Ou se o prefires, tamén contamos con plans específicos para Hosting PrestaShop.
-
Por que preciso un certificado SSL na miña tenda online?
-
Se xa tes unha tenda online con WooCommerce agora toca activar un certificado SSL. Cada vez que un cliente pasa pola pasarela de pagamento do teu PrestaShop introduce información sensible (datos persoais, tarxetas de crédito, etc.) que pola súa seguridade é imprescindible que estean encriptados.
Ademais de por un motivo de seguridade, dispor dun certificado SSL no teu PrestaShop axudarache a transmitir máis confianza aos teus visitantes e clientes e a mellorar o posicionamiento SEO da túa web.
Te recomendamos que instales el certificado Validación Extendida que va perfecto para tu comercio electrónico.
-
Que plugins me recomendades instalar?
-
WooCommerce conta con plugins para case todo: facilitar a xestión da tenda, motivar a venda, impulsar o peche da compra... As posibilidades son infinitas.
Esperamos que a nosa selección che sexa de axuda e che permita levar o teu ecommerce un pouco máis alá.
-
Quero actualizar a miña tenda online, que me recomendades?
-
Primeiro de todo, fai inventario e comproba que o número de produtos que ofreces se corresponde coa cantidade que tes almacenada. Outra idea é actualizar as túas fichas de produto renovando as descricións, fotografías, vídeos e palabras clave.
E por último, relacionado coa experiencia de usuario, simplifica os pasos do proceso de compra e reduce o número de clics ata chegar ao carro. Aquí che deixamos máis información.
-
En que consiste o período de garantía de 30 días?
-
Se deches de alta calquera dos nosos plans de WooCommerce dispós dun período de 30 días de garantía para cancelar a contratación. Reembolsarémosche o seu importe en saldo que poderás cambiar por otros produtos de dinahosting ou ben devolverémosche o diñeiro directamente no modo de pago que usaches para realizar a compra.
-
Como funciona a vosa CDN?
-
A nosa CDN realiza copias na caché dos arquivos do teu hosting para que unha rede de servidores distribuídos por todo o mundo poida ofrecer os contidos da túa páxina web dende calquera punto. O servidor máis próximo ao usuario que a visite será o que facilite a información, evitando que o servidor principal se sobrecargue.
Contas con tres plans de CDN baixo a modalidade prepagamento (20 €, 50 € e 100 €) para que elixas o que máis se adapte ás necesidades do teu proxecto, en función do consumo real de solicitudes que fagan os usuarios da túa web.
Trátase dun servizo adicional que podes contratar dende o teu Panel de Control de dinahosting, en Hosting > Ampliacións> CDN. Logo accede a el dende a interface de Hosting > Utilidades > CDN, onde podes consultar o consumo diario e a transferencia de datos, etc. Aquí tes toda a información detallada.
Apoiada pola tecnoloxía de KeyCDN, a nosa CDN é compatible con calquera servizo de hosting e funciona con sitios web e aplicacións que usan http ou https, como WooCommerce. Compartímosche a guía de configuración en WordPress.
-
Como funciona o entorno de staging?
-
O staging é unha copia do contorno de produción da túa páxina web onde podes probar os cambios que queiras, tanto en deseño coma no contido, de forma segura e sen que afecte á experiencia de usuario.
Estes cambios estarán visibles nun contorno independente. Aproveita para facer actualizacións, axustes de deseño, melloras de seguridade, corrección de erros... nunha versión de probas que actúa como un clon. Desta maneira, asegúraste de que os teus cambios non entren en conflito co teu sitio web real unha vez os despregues e evitas que se produza algún tempo de inactividade.
Se tes un Hosting Avanzado, podes crear un staging dende o teu Panel de Control en Hosting > Utilidades > Staging.
O proceso é sinxelo: elixe o subdominio no que estará dispoñible o teu contorno de staging, selecciona o directorio sobre o que queres facer o staging (é dicir, a carpeta a clonar), e indica tamén a base de datos que queiras duplicar se a tes, para que funcione ben o teu proxecto no cortorno.