Correo profesional co teu propio dominio
Hosting económico e sinxelo
O máis vendido
O hosting para webs profesionais
5 hostings con paneis independentes
Cada plan de aloxamento que contratas na dinahosting inclúe as ferramentas necesarias para asegurares a fiabilidade e o rendemento da túa web.
Esquece as curvas de aprendizaxe! Traballarás cunha app única, completa e deseñada pensando en ti.
Engade recursos cando tes picos de carga, migrar a un plan superior, ti decides. O teu hosting evoluciona contigo.
Let's Encrypt gratis xa preinstalado! Para transmitir aínda máis confianza tes dispoñibles os certificados GlobalSign.
O teu hosting máis seguro. Restaura os teus ficheiros, cartafois, bases de datos ou contas de correo dende o teu Panel de Control!
Decenas de aplicacións para instalar cun clic: WordPress, Joomla!, Drupal, PrestaShop e moitas máis.
Cunha interface flexible e intuitiva para recibir, enviar e xestionar todas as túas contas de correo e chat. Próbao!
A túa web a toda velocidade! Reduce o seu tempo de carga e mellora a experiencia de usuario. Próbao en WordPress.
Os nosos servidores contan con discos SSD NVMe. Gañas en velocidade de transferencia e en fiabilidade para o teu hosting.
Xa nas nosas solucións administradas Linux e Windows. Máis rendemento e seguridade. Notarás o cambio!
Co noso hosting en probas poderás testear todas as funcionalidades do teu plan de aloxamento totalmente gratis. Fai probas nun contorno real durante o tempo que necesites, ata que consideres que a túa web está perfecta para ser visible ou para ensinarlla ao teu cliente. Non pagarás nada ata que a web sexa pública.
InterésameAproveita todos os recursos que tes no Panel de Control e no Webmail para securizar o teu proxecto web e o teu servizo de correo.
Os nosos hostings e servidores contan con IP española para que obteñas maior velocidade de resposta e mellores o teu posicionamento SEO. Ao escoller dinahosting, ademais, os teus datos quedarán protexidos pola normativa europea.
Quero saber máisDámosche as claves para escoller o mellor sistema operativo para o teu aloxamento.
Se vas montar unha web ou traballar con aplicacións que utilicen a linguaxe PHP e bases de datos MySQL, como é o caso de WordPress ou PrestaShop, Linux é a túa mellor opción. A maioría de webs de Internet están montadas sobre un Hosting Linux.
Escolle Windows só se vas executar aplicacións creadas coas linguaxes e os patróns de Microsoft: código ASP.NET e bases de datos SQL Server, ou similares. Por iso, a porcentaxe de proxectos online que utilizan Windows é moito máis baixa.
«Os nosos hostings están feitos para que crezan contigo e desenvolvemos continuamente novas ferramentas para multiplicar as túas posibilidades».
A túa web está noutra provedora? Trae o teu hosting a dinahosting e goza de todas as nosas vantaxes: aloxado en España, con discos NVMe ultrarrápidos, a máxima seguridade e rendemento... e 30 días de reembolso para maior garantía. Coa nosa ferramenta de portabilidade a migración é moi fácil, pero se o prefires, o noso equipo de Soporte encárgase de todo completamente gratis.
InterésameEngade ao teu hosting todos os servizos extra que precises.
O noso equipo de soporte especializado mantén o teu hosting completamente optimizado e libre de malware.
Coñece máis detallesIníciate na reventa de dominios e hosting e accede a grandes descontos. Ideal para profesionais web.
InterésameEscolle entre os nosos paquetes de SMS ao mellor prezo. Envía ou programa as túas campañas de marketing dende o Panel.
InterésameConfía na nosa experiencia para resolver os teus asuntos de transcendencia legal relacionados con Internet.
Coñece máis detallesToda a información que necesitas para sacarlle o máximo partido ao teu hosting.
Vires para a dinahosting é moi fácil coas ferramentas de portabilidade que desenvolvemos para ti. Vas movendo os teus ficheiros, BBDD e correo, e en menos do que esperas a túa web estará funcionando nun hosting de calidade.
Paso 1: activa o hosting que vas usar
Escolle un hosting que se adecúe ás necesidades da túa web: se require ou non programación ou que versión de MySQL ou PHP necesitas. Recorda que podes solicitar unha proba gratuíta e ampliala o tempo que necesites. Paga cando a túa web estea lista
Paso 2: reúne todos os datos
Ten a man os datos de acceso por FTP, de bases de datos e do acceso por POP3 ou IMAP ao teu correo. Se non os tes, deberás pedirllos á túa empresa de hosting anterior.
Paso 3: inicia a portabilidade
Entra no Panel de Control da dinahosting e solicita a portabilidade servizo a servizo cos datos de acceso. Se te atrancas, non te preocupes! Avísanos porque che podemos botar unha man.
Paso 4: momento de comprobar
Unha vez que os procesos finalicen, só che resta verificar que todo funciona correctamente. Se se trata dunha páxina dinámica é probábel que teñas que revisar os ficheiros de configuración.
Se queres montar unha web sinxela ou estática opta por un Hosting Básico. Para desenvolvementos máis profesionais e que precisan un maior rendemento, faite con un plan Avanzado. Bótalle un ollo ás nosas ofertas en Hosting WordPress si queres sumar funcionalidades e que sexa máis fácil a creación da túa páxina.
Por outro lado, se necesitas aloxar varios sitios web recomendámosche un Multihosting.
Para máis potencia, flexibilidade e escalabilidade contrata un dos nosos servidores.
Proba o teu hosting durante 15 días nunha contorna de probas real e sen necesidade de dar os teus datos de pago.
No caso de que necesites seguir probándoo ou se a túa web non está lista, podes ampliar a proba de 30 en 30 días ata a súa publicación. Monta a túa web nunha contorna real e paga só cando a termines.
Todos os servizos administrados contan cunha ferramenta para recuperar backups. Restaura un ficheiro, cartafol, BBDD ou email ao estado que tiña en calquera punto dos últimos 30 días. Faino desde o teu Panel de Control: fácil e seguro!
Podes elixir a data e hora en que se efectuará o cambio e a conta de correo á que se enviará a notificación unha vez finalice o proceso. Por defecto iníciase no momento no que pulsas «migración de servidor!»
Explicámosche como funciona a migración de servidor.
Ofrecémosche, totalmente gratis, un aviso legal tipo para incluír na túa páxina e cumprir así cos requisitos básicos que establece a LSSICE. Ademais, temos á túa disposición documentos adaptados ás características da túa web e un servizo de asesoramento xurídico especializado en Internet. Visita A túa Web Legal para ampliar a información.
Se deches de alta calquera dos nosos plans de Hosting dispós dun período de 30 días de garantía para cancelar a contratación. Reembolsarémosche o importe en saldo que poderás cambiar por outros produtos de dinahosting ou ben devolverémosche o diñeiro no método de pagamento que usaches para realizar a compra.
Dispoñemos de plans específicos de WordPress con WooCommerce e PrestaShop cos que poderás crear a túa tenda online en minutos de forma sinxela. Ademais, poñémoscho fácil cos nosos titoriais de axuda.
Somos partners de CISCO, Dell, Microsoft e moitas outras marcas de calidade e de profesionalidade contrastada.