Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

Rexistra xa o teu dominio

  • Máis de 400 extensións dispoñibles
  • .COM, .ES e .NET só 9,75 €/ano!
dominios.cta__h1

Dominios máis buscados

Todos os dominios que temos para ti

Compra o teu dominio en dinahosting. Escolle entre os nosos centos de TLD dispoñibles e rexístrao facilmente. Revisa as promos para levar os teus dominios con desconto. Ten en conta que o prezo que se amosa é anual.

  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación
  • TLD
  • Rexistro
  • Traslado
  • Renovación

Ven á dinahosting!

Tes os teus dominios noutra provedora? Trasládaos a dinahosting e leva 3 meses gratis do plan de hosting que ti queiras. Coa nosa ferramenta de portabilidade o traslado é moi fácil, pero se o prefires, encargámonos de todo e migramos os teus dominios completamente gratis. Se non atopas o dominio que buscas, consúltanos e revisamos o teu caso ao detalle. Só tes que cubrir un sinxelo formulario.

Contacta connosco

O teu dominio inclúe gratis

Cando compras un dominio na dinahosting levas as ferramentas para aproveitalo ao máximo e garantires o teu posicionamento na rede.

Panel de Control exclusivo

Xestiona todos os teus servizos desde unha aplicación única, completa e pensada para ti. Accede á demo!

Xestión total de DNS

Rexistra DNS baixo o teu propio dominio, importa e exporta os teus ficheiros DNS e fai Ctrl + Z se te equivocaches.

Servizos complementarios

Parking con plantillas personalizables e contador regresivo, acurtador de URL gratis e redireccións web ilimitadas.

Correo profesional

Unha conta de correo co teu nome de dominio fará que te identifiquen coma un profesional no teu sector.

API pública

Gratis para todo o mundo! Automatiza as accións de rexistro, renovación, traslado e configuración de dominios.

O teu dominio máis seguro

Establece autorrenovacións, bloquea e desbloquea dominios cando decidas e habilita o two-factor auth no teu Panel.

Por que rexistrar un dominio?

Dixitaliza o teu proxecto

Un dominio é a túa marca na rede e é o nome co que os visitantes localizará a túa páxina web ou tenda online.

Protexes a túa marca

Rexistra o nome do teu negocio cos principais TLD, estarás protexendo a túa marca e evitando que ninguén máis a use.

Mellora a túa reputación

Co teu dominio levas unha conta de correo profesional. Segundo estudos recentes, unha ampla maioría dos usuarios confían máis nun correo co nome de dominio que nas direccións xenéricas de Gmail ou Yahoo!

Melloras o teu SEO

As extensións territoriais xeolocalizan o teu negocio e os dominios específicos tipo .SHOP ou .BAR defíneno, axudándoche ambos a mellorar o teu posicionamento SEO.

Máis para o teu dominio

  • Protección de Whois

    Substitúe os teus datos de Whois por outros xenéricos reais, aos que recibirás as notificacións que che cheguen.

    Contrátao no teu Panel
  • Revenda de dominios

    Accede a grandes descontos por volume! Tes máis de 400 extensións para iniciar o teu negocio como Reseller.

    Quero máis detalles
  • Asesoría legal

    Non deixes todo ao azar. Confía na nosa experiencia para resolver os teus asuntos de transcendencia legal.

    Quero máis detalles
  • Protexe a túa marca

    Rexistra o teu dominio en varias extensións! Asegúraste de que a túa marca non sexa utilizada por terceiros.

    Rexistra o teu dominio
Fotografía de Montse Ponte

Montse Ponte

Departamento de Desenvolvemento

«Un dominio é a marca coa que o teu público atopa a túa web. Axudámosche a escoller o dominio con correo para o teu proxecto e dámosche todo o necesario para que o exprimas ao máximo.».

FAQ

Por suposto. Ambos servizos son independentes. Un dominio é simplemente a túa dirección en Internet . Podes rexistralo e reservalo para un uso posterior, evitando que alguén máis se che adiante .

Si. Unha conta de correo co teu nome de dominio fará que te identifiquen coma un profesional no teu sector. De feito, segundo estudos recentes unha ampla maioría dos consumidores confían máis nun correo co nome do teu dominio que nas direccións xenéricas de Gmail ou Yahoo!

O rexistro é inmediato unha vez confirmado o pagamento.  Desde ese momento, tes a seguranza de que ninguén te vai adiantar. Na maioría dos casos, o dominio estará activo e funcionando aos poucos minutos de ser rexistrado. Por exemplo, un dominio xenérico como un .com se activa en menos de media hora. No caso dun .es, pode oscilar entre as 12 e as 24 horas.

Non é posíbel rexistrar un dominio que estea caducado. Dependendo da política estabelecida polo Registry do TLD correspondente (empresa ou organización encargada da súa xestión nomeada pola ICANN), o dominio pode estar bloqueado para rexistro durante uns días ou meses. Por exemplo, os dominios .ES quedan libres aos 10 días de caducados.

O primeiro que tes que facer para evitar que alguén se apropie do teu dominio é bloquealo para traslado. Se o teu é un dominio xenérico, non te preocupes, en dinahosting xa cho bloqueamos por defecto no momento no que o rexistras. Podes comprobalo no teu Panel de Control, sección Dominios. Ao lado do Authcode tes a opción de Desbloquear, polo que a menos que o fagas ti, o dominio estará protexido.

No caso de que alguén usurpase a túa identidade ou rexistrara algún nome de dominio asociado á túa marca de mala fe, o aconsellable é que o comentes con algún especialista en asuntos legais en Internet para que poida asesorarte. Se queres, bótalle un ollo ao noso servizo de Asesoría Legal.

Por moitas razóns! Cos dominios adicionais podes redirixir varios dominios a unha única web. Así protexes a túa marca e asegúraste de que non sexa rexistrada por terceiras persoas. Ademais, é moi útil para as versións multilingüe da túa páxina. Un dominio diferente por idioma fará que mellore o teu posicionamento.
Se te fas agora cos teus dominios adicionais beneficiaraste dos grandes descontos que che ofrecemos en rexistro por volume. Corre antes de que se che adianten!

Antes de rexistrar un dominio multilingüe debes ter en conta que hai navegadores e xestores de correo que poden non estar preparados para o seu uso. A nosa recomentación é que como dominio principal para a túa web e correo rexistra un dominio estándar sen carácteres especiais, ao que irá asociado o hosting de igual nome, e o dominio con carácteres especiais rexístralo para redirixilo ao teu dominio principal. Así protexerás a túa marca e a túa páxina estará accesíbel para calquera usuario .

Podes acceder aos nosos maiores descontos no rexistro e renovación de dominios a través da compra de bonos prepagamento (só para dominios). Tes máis información no apartado de Resellers.

Non esquezas botarlle un ollo ás nosas ofertas para aproveitar os dominios con desconto. Tamén podes aforrar ata un 30 % rexistrando múltiples dominios á vez.

Cando compras un dominio, os datos de rexistro pasan a formar parte dunha base de datos chamada Whois. Nela gárdase información relativa ao dominio, como quen é o seu titular, a súa data de rexistro e caducidade, os servidores de DNS que ten asociados, etc.

Coa entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), os datos persoais dos usuarios responsables dos dominios xa non se publican no Whois. Só se fan públicas a data de rexistro, a data de caducidade e o rexistrador que o ten. Polo tanto, se estás interesado en contactar co propietario dun dominio ou se alguén quere negociar contigo sobre un dominio que tes, terías que falar primeiro coa provedora para que che proporcione un formulario de contacto. Así, os datos persoais do propietario permanecen protexidos en todo momento contra o uso malintencionado por parte de terceiros.

Que o teu dominio estea bloqueado non significa que non poidas utilizalo nin que teña algunha incidencia. Simplemente é unha medida de seguridade que impide que o dominio sexa transferido a outra provedora sen a túa autorización. En dinahosting este bloqueo faise por defecto cando rexistras un dominio, pero podes desbloquealo se o necesitas desde o teu Panel de Control.

No caso de que non che interese trasladalo, recomendámosche manter o teu dominio bloqueado, posto que non afecta ao funcionamiento do mesmo e así protéxelo fronte a un uso indebido de terceiras persoas.

Tamén podes comprobar se o teu dominio, ou calquera outro, está bloqueado revisando o seu Whois.

Registries que nos avalan

Somos Registrar acreditado de ICANN, Red.es, Afilias e moitos outros registries que avalan o noso traballo.