Compra un Servidor Dedicado de calidade e empeza a gozar de recursos exclusivos para o teu proxecto: máis rendemento, máis potencia, máis velocidade. Entregámoscho en menos de 24 horas e se aos 15 días non che convence, devolvémosche o diñeiro.
Estas son algunhas das razóns que te levarán a comprar o teu Servidor Dedicado na dinahosting.
O teu Dedicado con transferencia 1Gbps ilimitada, aloxado nun CPD cos últimos avances de seguridade e conectividade.
Escollemos só servidores de calidade con hardware Dell e NetApp. Dispoñibles opcións con NVMe!
Unha chea de opcións: Linux, Unix e todas as versións de Windows Server até para virtualización.
Utiliza a linguaxe de programación e BBDD que queiras e crea modelos para despregares decenas de APP instalábeis.
Accede ás estatísticas do teu Dedicado dende o Panel, segmentadas por servizos e mesmo por hosting.
IP española e o mellor soporte do mundo 24x7. Axudámosche a traeres a túa carteira de servizos á dinahosting!
O noso Dedicado Intel NVMe inclúe discos NVMe, que reducen considerablemente o tempo de resposta do teu sitio web. NVMe é ideal para cubrir necesidades de virtualización e acoller bases de datos de moito volume ou aplicacións con grandes taxas de escritura en disco.
Quero saber máisEscolle o Servidor Dedicado líder. Dispomos de Dedicados Administrados e Non Administrados coa máxima fiabilidade e seguridade para os teus proxectos.
Os nosos hostings e servidores contan con IP española para que obteñas maior velocidade de resposta e mellores o teu posicionamento SEO.
Ao escoller dinahosting, ademais, os teus datos quedarán protexidos pola normativa europea.
Aproveita todos os recursos que tes no Panel de Control e no Webmail para securizar os proxectos web e o servizo de correo dos hostings do teu servidor.
«Por calidade de hardware, conectividade e fiabilidade temos, seguro, os mellores Servidores Dedicados do mercado».
O teu Dedicado noutra provedora? Tráeo a dinahosting e goza de todas as nosas vantaxes: aloxado en España, con discos NVMe ultrarrápidos, a máxima seguridade e rendemento... e 15 días de reembolso para maior garantía. Coa nosa ferramenta de portabilidade a migración é moi fácil, pero se o prefires, o noso equipo de Soporte encárgase de todo.
InterésameToda a información que necesitas para sacarlle o máximo partido ao teu Servidor Dedicado.
Non hai problema. Podes instalar calquera sistema operativo a través da funcionalidade KVM/IP incluída co teu servidor. Contacta co noso departamento de soporte se necesitas axuda.