Cloud Hosting é unha solución de alto rendemento ideal para necesidades eventuais de recursos: levantar novos servidores ou asignar recursos adicionais ao teu sistema en tempo real. Paga só polo que utilizas. Tarificamos por horas!
Selecciona o sistema operativo que mellor se adapta ás túas necesidades
Monta un recurso remoto por NFS para almacenares as túas copias de respaldo.
Na túa Cloud Administrada podes crear ata 50 hostings independentes. Se necesitas crear máis hostings, selecciona a opción Licenzas ilimitadas.
Indica se precisas algunha característica adicional que deba ter en conta o noso departamento de Sistemas na instalación da túa Cloud.
A tarificación é sempre por horas.
A nosa Cloud Hosting inclúe discos SSD NVMe, que melloran considerablemente o tempo de resposta do teu sitio web. NVMe é ideal para cubrir necesidades de virtualización e acoller bases de datos de moito volume ou aplicacións con grandes tasas de escritura en disco.
Quero saber máisFíxate no que ten Cloud Hosting que non che poden dar os demais.
Programa a asignación de recursos da túa Cloud Hosting para o día e a hora que queiras. Un par de clics no teu Panel de Control e listo.
Os discos NVMe utilizan a tecnoloxía PCI-Express, que proporciona unhas taxas de transferencia e IOPS ata 6 veces superior aos discos SSD.
Utilizamos procesadores Intel Xeon Gold de grandes prestacións. Ata 64 CPU e 128 GB de RAM por cada un dos teus servidores de Cloud, en só uns segundos.
Todo o control nas túas mans: acende, apaga ou reinicia a túa Cloud cando o precises. Dende o teu Panel de Control de dinahosting é facilísimo.
A nosa infraestrutura está preparada para asumir os recursos completos que demande o teu VPS. Non practicamos o overselling en ningún caso.
Usamos KVM e Hyper-V, os principais hypervisores para entornos Linux e Windows, que ofrecen un rendemento e seguridade excelentes.
Temos o mellor equipo de Soporte dispoñible 24x7 para coidar do teu servizo de Cloud Hosting.
Escolle o teu Cloud Hosting Administrado e déixao nas nosas más, ou Non Administrado e xestiónao ti mesmo.
Administramos o servidor por ti mentres gozas do Panel de Control máis fácil e completo do mercado.
Configura os teus hostings personalizados ao milímetro. 50 licenzas de inicio! Establece perfís de acceso e o teu propio protocolo de seguridade con 2form auth, xeolocalización...
A tecnoloxía que máis che gusta para traballar, linguaxes de programación e bases de datos, decenas de aplicacións web a golpe de clic: WordPress, PrestaShop, Moodle...
Regalámosche un paquete de ferramentas avanzadas de correo con autorrespondedor, cifrado por conta... e de forma adicional backups selfservice moi moi cómodo.
Adminístrao ti con privilexios de root, gozando das mellores condicións de hardware e rede.
Administra a túa cloud con seguridade desde calquera parte aínda estando fóra de liña. Grazas á consola alternativa accedes ás unidades virtuais, supervisas o reboot, etc.
Crea puntos de restauración e reinstala o SO desde o teu Panel. Tamén podes montar un snapshot como unidade para acceder a ela e recuperar só aqueles arquivos que necesites.
De forma adicional podes crear Backups por NFS, LAN para os teus servidores e regras de Firewall profesional. Se os prefires, tamén están dipoñibles Plesk e cPanel.
A túa Cloud Hosting moito máis completa con estes servizos extra.
Cifra a navegación do teu web e garante ás túas visitas unha contorna segura. Imprescindíbel!
InterésameOs teus arquivos centralizados, co espazo en disco que queiras e transferencia ilimitada.
InterésameA túa solución económica de correo con funcionalidades de groupware e de tipo exchange integradas.
InterésameToda a información que precisas para sacarlle o máximo partido á túa Cloud Hosting.
Trátase dunha tecnoloxía que nos permite aproveitar ao máximo os recursos físicos dun servidor, creando instancias independentes de sistemas operativos que compartirán recursos pero sen competir por eles.