Non se pode dar de alta este servizo. Contacta con Soporte

Compra o teu Cloud Hosting con NVMe

Escala recursos automaticamente
Sen cotas mensuais!

Configúrao
Compra tu Cloud Hosting con NVMe

Cloud Hosting con NVMe

Cloud Hosting é unha solución de alto rendemento ideal para necesidades eventuais de recursos: levantar novos servidores ou asignar recursos adicionais ao teu sistema en tempo real. Paga só polo que utilizas. Tarificamos por horas!

Cloud Hosting programable

Programa a asignación de recursos da túa Cloud Hosting para o día e a hora que queiras. Un par de clics no teu Panel de Control e listo.

Discos NVMe ultrarrápidos

Os discos NVMe utilizan a tecnoloxía PCI-Express, que proporciona unhas taxas de transferencia e IOPS ata 6 veces superior aos discos SSD.

O último en servidores

Utilizamos procesadores Intel Xeon Gold de grandes prestacións. Ata 64 CPU e 128 GB de RAM por cada un dos teus servidores de Cloud, en só uns segundos.

Control total

Todo o control nas túas mans: acende, apaga ou reinicia a túa Cloud cando o precises. Dende o teu Panel de Control de dinahosting é facilísimo.

Recursos garantidos

A nosa infraestrutura está preparada para asumir os recursos completos que demande a túa Cloud. Non practicamos o overselling en ningún caso.

KVM e Hyper-V

Usamos KVM e Hyper-V, os principais hypervisores para contornas Linux e Windows, que ofrecen un rendemento e seguridade excelentes.

Os picos de tráfico estándar dunha web son: en febreiro e setembro por rebaixas, a finais de novembro por Black Friday e en decembro por Nadal. Tamén poden aparecer asociados a accións concretas, como campañas de publicidade en redes sociais ou na televisión. Rebaixas Anuncios en RRSS/TV Rebaixas Black Friday Nadal Visitas Ene. Feb. Mar. Abr. May. Jun. Jul. Ago. Sep. Oct. Nov. Dic.

Exemplo dos picos de tráfico dunha web estándar

Cando o vas precisar?

É habitual que a túa web reciba moitas máis visitas en determinadas épocas do ano. A infraestrutura de Cloud Hosting garánteche que a túa páxina siga tendo recursos e cargue rápido, mesmo durante os picos de carga.

  • Datas de máis consumo nas que sempre aumentas as túas vendas, como Black Friday, Nadal ou rebaixas
  • Durante unha promoción ou lanzamento de produto que saibas que vai disparar o tráfico cara a túa web
  • Webs de festivais, eventos online e outro tipo de actos culturais con moitos usuarios conectados á vez

Prefírelo administrado ou queres ser "root"?

Escolle o teu Cloud Hosting Administrado e déixao nas nosas más, ou Non Administrado e xestiónao ti mesmo.  O noso Cloud Hosting é para todos, xa que o seu uso non require coñecementos avanzados coma o de Azure, AWS ou Google Cloud.

Administrado

Administramos o servidor por ti mentres gozas do Panel de Control máis fácil e completo do mercado.
  • Configura os teus hostings personalizados ao milímetro. 50 licenzas de inicio! Establece perfís de acceso e o teu propio protocolo de seguridade con 2form auth, xeolocalización...
  • A tecnoloxía que máis che gusta para traballar, linguaxes de programación e bases de datos, decenas de aplicacións web a golpe de clic: WordPress, PrestaShop, Moodle...
  • Regalámosche un paquete de ferramentas avanzadas de correo con autorrespondedor, cifrado por conta... e de forma adicional backups selfservice moi moi cómodo.
  • Xestionamos por ti todas as actualizacións de software necesarias para o sistema base. Esquécete das cuestións técnicas e dedícate aos teus proxectos online!

Non Administrado

Adminístrao ti con privilexios de root, gozando das mellores condicións de hardware e rede.
  • Administra a túa cloud con seguridade desde calquera parte aínda estando fóra de liña. Grazas á consola alternativa accedes ás unidades virtuais, supervisas o reboot, etc.
  • Crea puntos de restauración e reinstala o SO desde o teu Panel. Tamén podes montar un snapshot como unidade para acceder a ela e recuperar só aqueles arquivos que necesites.
  • De forma adicional podes crear Backups por NFS, LAN para os teus servidores e regras de Firewall profesional. Se os prefires, tamén están dipoñibles Plesk e cPanel.
  • Opcións con apps preinstaladas dispoñibles:
    • Jitsi para realizar vídeochamadas
    • Pritunl para activar as túas VPN
    • Nextcloud para gardar e xestionar arquivos
Fotografía de Gustavo González

Gustavo González

Departamento de Desenvolvemento

«Cloud Hosting: toda a potencia e flexibilidade da nube ao teu alcance, sexa cal sexa o teu proxecto. Escala os teus recursos de forma automática, en función da demanda e pagando só polo que utilizas».

Máis para a túa Cloud Hosting

  • Certificados SSL GlobalSign

    Cifra a navegación e garante aos teus visitantes unha contorna segura. Imprescindible para a túa web!

    Interésame
  • Centraliza os teus ficheiros!

    Os teus arquivos centralizados, co espazo en disco que queiras e transferencia ilimitada.

    Interésame
  • Webmail dinahosting

    A túa solución económica de correo con funcionalidades de groupware e de tipo exchange integradas.

    Interésame

FAQ

É un servizo ideal para manter a túa web a pleno rendemento durante os picos de carga. Poderás personalizar os recursos do teu aloxamento en tempo real, cando o precises, mesmo sen estar presente grazas ao escalado programado.

Aquí tes algúns exemplos de cando che virá ben usar o Cloud Hosting.

Trátase dunha tecnoloxía que nos permite aproveitar ao máximo os recursos físicos dun servidor, creando instancias independentes de sistemas operativos que compartirán recursos pero sen competir por eles.

O noso Panel é de deseño exclusivo. Todas as ferramentas foron deseñadas especificamente polo noso Equipo de Desenvolvemento para que se axusten perfectamente ás túas necesidades. Non atoparás outro panel de control igual no mercado.
Os discos NVMe ofrécennos unha velocidade de escritura e lectura de disco con velocidades impensables ata agora en discos SSD. Se o que queres é o maior rendemento posible NVMe é a túa opción!
Non te preocupes! Ponte en contacto co noso departamento de Soporte. Se necesitas instalar un sistema operativo concreto botarémosche unha man.
Confiamos plenamente na nosa infraestrutura tecnolóxica e, para demostrarcho, desenvolvemos un acordo de nivel de servizo que inclúe as seguintes compensacións en caso de incumprimento:
  • Rede non dispoñible 0,1 %
  • Rede non dispoñible 1 %
  • Rede non dispoñible 2 %
  • Rede non dispoñible 4 %
  • Rede non dispoñible 10 %
A tarificación é sempre por horas, non hai cotas mensuais. Abonarás 2 € coa túa alta e a partir de aí pagas só polo que utilizas!