INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS
- Responsábel
- Dinahosting SL. [+ info]
- Finalidade
- Xestionar a solicitude de consulta do RDAP. [+ info]
- Lexitimación
- Consentimento do solicitante. [+ info]
- Persoas destinatarias
- Non se preveñen comunicacións de datos. [+ info]
- Dereitos
- Podes revocar o consentimento, así coma exercer outros dereitos, tal e como se describe na información adicional. [+ info]
- Información adicional
- Para máis información, consulta a nosa Política de Privacidade.
Se tes dúbidas sobre o teu dominio, escoitámoste!
O teu dominio en boas mans co mellor equipo de Soporte dispoñible para ti 24x7.
María Barbeito
Área Comercial«Na dinahosting, polo prezo dun café ao mes, levas o teu dominio con todas as garantías».
FAQ
Toda a información que necesitas para saber sobre Whois e RDAP.
-
Que é o RDAP?
-
O Protocolo de Acceso a Datos de Rexistro (RDAP) é unha versión actualizada do popular servizo de Whois. Creouse no ano 2015 co obxectivo de solventar algunhas das carencias que presentaba Whois e de mellorar o seu servizo de consulta.
-
Que é Whois?
-
Cando rexistras un dominio, os datos de rexistro pasan a formar parte dunha base de datos pública chamada Whois. Nela almacénase información relativa á extensión: quen é o seu titular, a data de rexistro e caducidade do dominio, os servidores de DNS asociados, etc.
-
Para que serve o RDAP?
-
Ao igual que Whois, a súa función fundamental é proporcionar información vinculada cos datos de rexistro de dominios: titular, data de rexistro e caducidade, servidores de DNS asociados, etc. Como usuarios pode interesarnos acceder a esta información se queremos contactar co administrador do dominio para negociar con el a súa compra, para informalo de posibles problemas técnicos que detectásemos, ou porque queiramos denunciar algún tipo de conducta irregular vinculada co seu dominio.
Ademais, o protocolo RDAP tamén proporciona información sobre direccións IP ou Sistemas Autónomos (ASN).
-
Como podo consultar os datos dun dominio?
-
Para consultar os datos de rexistro dun dominio tan só tes que introducir o dominio que queiras no buscador que che proporcionamos e facer clic en Consultar.
A información que che mostramos dependerá da extensión do dominio e do servizo de rexistro dispoñible para ela.
-
En que se diferenzan os protocolos RDAP e Whois?
-
RDAP é a versión mellorada da ferramenta Whois. O seu obxectivo é presentar a información de cada consulta dunha maneira máis estruturada e segura, e por suposto cumprindo co novo Reglamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). Mentres que Whois devolve a información en texto plano e sen formato de codificación, RDAP faino en formato JSON e preséntaa en forma de táboa. Ademais, as consultas feitas mediante o protocolo RDAP realízanse a través de conexión segura ou HTTPS.
Aquí tes as principais diferenzas entre Whois e RDAP.
-
Podo publicar os datos de contacto do meu dominio?
-
Na maioría das extensións, coma .COM ou .NET, poderás actualizar a túa información nun momento desde o apartado de Dominios do teu Panel de Control de dinahosting. Outros dominios, coma o .ES, implican algúns requisitos. Chámanos ou escríbenos e indicámosche os pasos a seguir.
Aquí tes máis información sobre os cambios de contacto nun dominio.
-
Por que non constan datos dos dominios .ES?
-
Coa entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), o Registry do dominio .ES aplicou actualizacións na súa política de Whois, de forma que nin o email de contacto, teléfono ou dirección postal, entre outros datos, constan actualmente no Whois.